Galicia a bordo
Quen Soms
Ingeniería Gaerum S.L. é unha empresa de enxeñería e servizos aeronáuticos que se constitúe e establéce en Lugo, con base operativa no Aeródromo de Rozas, sendo o principal subcontratista de Indra no proxecto da Civil UAVs Initiative. Esta nova compañía traballará para impulsar o novo tecido industrial na contorna do polo tecnolóxico de Rozas.
Esta Iniciativa nace como o resultado dunha clara aposta polo futuro do sector aeronáutico en Galicia. Neste marco o Goberno galego levará a cabo un investimento importante para promocionar un centro tecnolóxico que terá como obxectivo o desenvolvemento de vehículos aéreos non tripulados para responder a usos civís e mellorar a prestación de servizos.
Enxeñería Gaerum forma parte do Grupo Aerum, compañía española especializada en integración de sistemas en plataformas aéreas.
Que facemos
Ingeniería Gaerum forma parte do grupo Aerum,S.L, compañía española especializada na integración de sistemas en plataformas aéreas.
Ingeniería Gaerum nace co obxectivo de apoiar a Indra nos traballos de desenvolvemento, construción e certificación do avión opcionalmente tripulado Targus. Gaerum responsabilizarase das modificacións así como da integración de sistemas de control, as probas en terra e en voo e o proceso de certificación.
Da mesma forma levará a cabo todas as operacións do avión de vixilancia Tecnam MRI, poñendo a disposición de Indra e da Xunta o persoal e os medios necesarios para executar as misións encomendadas.
Gaerum é unha empresa galega, e como tal, fomentará a subcontratación de empresas locais e do persoal galego necesario para cumprir os obxectivos.

Contacto
INGENIERÍA GAERUM
Aeródromo de Rozas - Mondriz s/n
27271 Castro de Rei
Lugo - España
Quere traballar coa xente?
Estamos á procura de profesionais para unirse noso proxecto, envíanos o teu CV.