Portada

Galicia a bordo

Quen Soms

Ingeniería Gaerum S.L. é unha empresa de enxeñería e servizos aeronáuticos que se constitúe e establéce en Lugo, con base operativa no Aeródromo de Rozas, sendo o principal subcontratista de Indra no proxecto da Civil UAVs Initiative. Esta nova compañía traballará para impulsar o novo tecido industrial na contorna do polo tecnolóxico de Rozas.

Esta Iniciativa nace como o resultado dunha clara aposta polo futuro do sector aeronáutico en Galicia. Neste marco o Goberno galego levará a cabo un investimento importante para promocionar un centro tecnolóxico que terá como obxectivo o desenvolvemento de vehículos aéreos non tripulados para responder a usos civís e mellorar a prestación de servizos.

Enxeñería Gaerum forma parte do Grupo Aerum, compañía española especializada en integración de sistemas en plataformas aéreas.

 

Os participantes na iniciativa:

Que facemos

logo_targus Ingeniería Gaerum forma parte do grupo Aerum,S.L, compañía española especializada na integración de sistemas en plataformas aéreas.

Ingeniería Gaerum nace co obxectivo de apoiar a Indra nos traballos de desenvolvemento, construción e certificación do avión opcionalmente tripulado Targus. Gaerum responsabilizarase das modificacións así como da integración de sistemas de control, as probas en terra e en voo e o proceso de certificación.

Da mesma forma levará a cabo todas as operacións do avión de vixilancia Tecnam MRI, poñendo a disposición de Indra e da Xunta o persoal e os medios necesarios para executar as misións encomendadas.

Gaerum é unha empresa galega, e como tal, fomentará a subcontratación de empresas locais e do persoal galego necesario para cumprir os obxectivos.

logo_targus

Videos

Fotos

Contacto

Ingeniería Gaerum
Avda. Coruña 475
27004 Lugo
España

Quere traballar coa xente?

Estamos á procura de profesionais para unirse noso proxecto, envíanos o teu CV.





Achegar CV

Acepto a política de privacidade